Hoxe fecha Vieiros e mañá faino Chuza. Disque as penas con alcol son máis levadeiras, así que Queremos Galego do Ribeiro venderá hoxe e mañá no Festigal licor café caseiro.
Novas tristes, pero como di Nemigo, eso débese a unha mala xestión por parte das persoas, non polo estado do noso idioma, que tampouco e que sexa o mellor dos últimos tempos.
Neste día da liberación transmaricabollo presentámosvos á polifacética artista e gran señora Pía de Tolomei, raíña do saber estar. Os seus consellos son sempre de moita utilidade
A min góstame, pero a que se celebra nos barrios, ou outras praias máis pequenas, o que xa non me gosta tanto é o no que se está a converter no Orzán-Riazor, que non é máis ca un macro-botellón no que todo vale, emporcar, rachar mobiliario, etc. Un gasto que asumen os cidadáns como os servizo de limpeza especial para praias e rúas, reposición de mobiliario urbano: bancos, papeleiras, colectores de lixo, etc.; opertativos especiais: policía local e nacional, gardas xurados, cruz vermella, protección civil, operativos de busqueda é rescate como de onte buscando a unha moza que se fora para casa dunha amiga e daban por afogada, etc.
Quizáis os gastos poidan a ser máis cuantiosos que os beneficios para a cidade: sector turístico, hosteleiro, hoteleiro, etc. Realmente compensa?
Non sei pero penso que estamos a perder o sentido da festa polo da borracheira ata caer de cú.
Estou plenamente de acordo. San Xoán perdeu ou está camiño de perder o seu sentido de festa popular -festa "de tod@s" -polo de simple macrobotellón. Outros anos aínda vías xente facendo sardiñas ou armando foliada na praia: este ano, quitando o que fan os Kilomberos á altura de Salesianos, xa non vin nada diso; só bebida, bebida e máis bebida.
O verdadeiro carácter de San Xoán na Coruña, cando eu era cativo (non hai tantos anos) era precisamente o de empezar a festa no barrio e saltar a cacharela que ti mesmo facías cos veciños e veciñas, familia, amig@s...aínda que logo acabases baixando á praia ver os fogos. Agora a xente perde o cú por ir ao Orzán directamente e moitas das sardiñadas son un negocio máis. Antes, no meu barrio, todos os bares convidaban ás sardiñas a súa clientela habitual; agora, a maioría cóbrana.
É o que nos trae ese marabilloso mundo da sociabilidade que fan chamar botellón. Quedar cuns amigos a beber ata caer de cú (non é que este en contra do botellón), pero non creo que todo se deba converter en botellón, eu son máis maior ca ti non cheguei aos 40, pero ándanme a rozar, e lembro o de facer as cacharelas e sardiñadas no barrio e cos do barrio incluidos os bares que se encargaban das sardiñas, coma ben dis ti xico.
Agora apenas quedan espazos libres nos barrios para facer cacharelas e a festa trasladouse a praia (esto é realmente recente, no é de toda a vida como se fai crer, se facía máis en Monte Alto no Matadoiro, Adormideiras en San Amaro e As Lagoas nas Amorosas, pero non lembro Riazor-Orzán con cacharelas), pero o espiritu da festa foise perdendo e perderase por completo se non se pon remedio como está a pasar con outras festas.
Fermosísimo tema central da banda sonora de "La noche de los lápices", duro e estarrecedor á vez que imprescindíbel filme arxentino, baseado en feitos reais acontecidos durante a ditadura militar
A falta de saber se haberá mobilizacións noutros lugares, as Maribolheras Precárias da Coruña, co apoio de múltiplos colectivos sociais, convocan manife para o sábado 26, ás 20h desde o Campo de Marte
Este ano non hai orgullo en compostela? anda que non quedaría fermoso, na praza da quintana coa porta santa... XDD Xa me imaxino o que pasaría se se fixese unha manife-peregrinación... XD
Hahaha! Pois descoñezo se vai haber algo...Aturuxo está bastante paralisado, polo que eu sei, a todos os niveis; e non sei se o CGC ou BOGA teñen previsto faceren algo. Vir non vin nada anunciado...Xa o ano pasado non se deu feito nada, por vez primeira en varios anos. Non é positivo -penso eu -que se perda unha dinámica que xa se estaba a consolidar.
Nom, nom pode ser.
Aug 12 2010, 14:33non sei como foi
Aug 12 2010, 16:12E o que ten o verán un abandónase ao sol, e deixa moitas cousas de lado.
Aug 12 2010, 16:53