segundo a wikipedia en español a ponte de rande custou 100.000 millóns de pesetas
http://es.wikipedia.org/wiki/Puente_de_Rande
18 Oct 2012, 04:25
Imaxe adxunta:
300px-Puente_de_Rande.JPG
300px-Puente_de_Rande.JPG · 300x225px, 13KB
Comentarios
Kao_Chiu

Son uns 600 millóns de euros. Para a obra que é, non é que sea precisamente caro. Unha ponte marítima, taboleiro atirantado, con record por moitos anos de luz, catro carrís. Na autovía do cantábrico estánse a facer agora mesmo tramiños de cento e pico millóns polo tema das pontes, e non son marítimas.

Oct 18 2012, 19:17
Nemigo

a ponte non custou 600 millóns de euros (iso é o que ia costar o porto exterior da coruña hoxe) o prezo entón foi de 3600 millóns de pesetas, algún fíxose a picha un lío cos números na wiki

Oct 18 2012, 19:38
Kao_Chiu

Ostia, pois a mín 3600 millóns tampouco me cadra ben. Se supoñemos que os intereses suben un 5% anual, son 34 anos dende o 1978. pois é un incremento do 170%. 3600 por 2'7 sae 9720 millóns de pesetas, que son uns 57 millóns de euros actuais. Moi baratiño. Creo que hai un proxecto pra anchealo e poñer 1 carril mais de cada lado e só a ampliazón costa 170 millóns.

Oct 18 2012, 20:02
Kao_Chiu

Eu estaba trabucado. O coste da ampliazón son 91 millóns, o coste total da reforma da AP-9 incluida a ampliazón, son 170 millóns. Pois entón, si costou tan pouco, a concesionaria gañou xa demasiado e invertiu pouquísimo, a ponte necesita unha urxente xa non ampliazón, senon reparación. Entón a wiki meteu a gamba.

Oct 18 2012, 20:13
Nemigo

a wiki española errada? Nooooooonnnn :-)

Oct 20 2012, 15:42
latri.ca · Contacto | Acerca de | Botóns
Copyright 2010-2012 latri.ca Baixo licencia Creative Commons ·