o far west na galiza! a policía a tiros na peaxe de guísamo ata cambre
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/05/31/detenidas-cuatro-personas-tra....htm
31 May 2012, 23:29
Imaxe adxunta:
images
Comentarios
Kao_Chiu

ou trafego de drogas?

Jun 1 2012, 08:21
Nemigo

ou represión policial

Jun 1 2012, 10:39
Anxo_Gz

Non sei se non tes nada que ocultar non saes pitando e rachando coa barreira de seguridade da portaxe, por o tanto non penso que sexa tanta represión.

Jun 1 2012, 11:08
Nemigo

sabes ti se a "policía" eran da secreta? Parece ser que os estaba a "vixilar" supoño que a vixilancia non se faría cun coche rotulado POLICÍA

Non sei ti, pero a min sácame unha pistola un descoñecido e saio por patas. Xa vexo que ti quedas a velas vir

Jun 1 2012, 12:09
Anxo_Gz

Non sei se o sabes pero os coches de policia secreta para seguir a un coche sacan un distintivo luminoso, non sei ti, pero eu se non teño nada que ocultar, non marcho pintando e menos rachando as barreiras da portaxe.

Jun 1 2012, 17:31
Nemigo

... e luces. Tamén se preguntas amósanche uns papeis

Eu marcho de todas partes onde vexa peligrar a miña integridade física. E máis rápido se alguén saca unha pistola (como neste caso) e se poñen a pegar tiros (como fixeron sin que levasen os ocupantes do coche armas nin disparasen a niguén)

Claro que ti podes quedar a ver como che apuntan cunha pistola e non moverte mentras che disparan. Xa sabes, non tes nada que ocultar

Jun 1 2012, 17:42
Anxo_Gz

A parte de todo iso, non sei se leiches a nova, pero a nova é que había un dispositivo policial na portaxe para detelos e estes ao ver o dispositivo emprenderon a fuxida rachando a barreira da portaxe, por o que se iniciou a persecución cos disparos.

De aí ao que intentas facer ver ti de que unha familia feliz vai viaxando no seu coche pola autoestrada e se poñen ao seu carón a sacarlle a pistola e dispararlles, ao que o sufrido pai para salvar a sua familia intenta unha fuxida arricando unha barreira da portaxe, creo que hai un pouco de diferencia entre unha e outra, e na que ti relatas ata diría que un pouco de ciencia ficción.

Jun 1 2012, 17:44
Anxo_Gz

Xa sabes parafraseando ao noso gran presidente, "Pensa ladrón que todos son da sua condición" :D

Jun 1 2012, 17:47
Nemigo

moito dispositivo non había se fuxiron. Por certo, xente que marcha nos controis hai tódolos días e non os persiguen a tiros

O que é ciencia ficción é que a policía estea a pegar tiros pola autoestrada. Como diría fraga: la calle es mía ;-)

Jun 1 2012, 18:42
Anxo_Gz

Imos e tan normal e habitual, que todos os días andan os operarios da autoestrada a arranxar nas barreiras das portaxes que a xente vai tirando ao fuxir como tola por a autoestrada adiante. E un feito tan normal e habitual que fai que os disparos da policía sexan un caso moi raro ante esta situación tan habitual e normal. Gostaríame ver nas cámaras de rexistro a cara de sorpresa que se levou o conductor ao ver que lle disparaban por un feito tan normal como sair fuxindo dun peaxe tirando a barreira de seguridade. :P

Jun 1 2012, 19:19
Anxo_Gz

A sua cara debeu ser comparable a de Rodrigo Rato cando lle dixeron a débeda que tiña Bankia, ou sexa toda unha sorpresa.

Jun 1 2012, 19:22
Nemigo

non sei se os operarios andan a diario a cambiar as barreiras... eu cando paso de cando en vez alí están. Ás veces as barreiras non len ben as tarxetas de paso e fallan

O que xa non vin nunca é á policía pegando tiros pola autoestrada. Iso si non é normal nin nos tempos de fraga

Jun 1 2012, 19:28
Anxo_Gz

Unha cousa e que non funcionen e outra ben distinta que a vaias tirar.
Por o demáis por iso e nova de portada porque non é normal nin que a policia ande a tiros, nin a xente fuxindo como tola tirando as barreiras da autoestrada.

Jun 4 2012, 10:25
Nemigo

se a xente fuxe tira con todo, pasa ata nos controis de alcoholemia
o que si é nova é que a policía ande a tiros con alguén que non ter arma algunha e moito menos que os tiros os dea nunha autoestrada na que hai máis xente á que poñen en perigo

Jun 4 2012, 12:08
Anxo_Gz

Xa pero a xente que fuxe nos controis e xente que intenta ocultar algo, por o tanto non veñas vendendo a moto de unha familia feliz que circulaba por a autoestrada se atopa que se lle pon un coche policial ao carón e lle dispara.

Lle deron o alto na portaxe, no control policial, non parou, rachou a barreira, (algo tiña que ocultar), e ante unha resistencia a autoridade a policia pode usar as suas armas, e as usaron, outra cousa e que as usaran e puxeran en perigo a outra xente que circulase por a autoestrada, cousa da que non hai constancia nin por as novas, nin por denuncias dos usuarios da autoestrada.

E se é noticia que a policia ande a tiros nunha autoestrada, é bo sinal, porque eso quere dicir que é un feito fora do común o que a policia use as suas armas, cousa que non soen facer de xeito habitual ou normal como noutros países.

Jun 4 2012, 18:21
Nemigo

e dalle, oes que alguén que marcha non é un delincuente. Iso o decide un xuiz. De controis teñen marchado dende policías (como o caso en mallorca de dos policías que atropellaron a unha cicilsta e como ían mamados marcharon) ata xuices e téñense negado a facer controis de alcol. Non parar nun control faise tódolos días e non disparan a ninguén. Fuxir dun control policíal (non era iso, non había ningun control só uns axentes de paisano a facer un seguimento) non é resitencia á autoridade e moito menos xustifica que che disparen.

Chámase DESOBEDIENCIA NON RESISTENCIA.
Sonche cousas ben distintas desobeder a resistirse.

A policía ten que empregar os medios de xeito PROPORCIONADO e disparar a alguén desarmado non é o caso. Deixa de dicir paridas e inventar interpretacións. Dicir que a policía pegue tiros nas autoestradas (a xente que nin vai armada nin disparou a ninguén) fala da pouca profesionalidade e da incapacidade pra facer o chollo

Jun 4 2012, 23:14
Anxo_Gz

O que fuxe non é delincuente pero os casos que ti pos ben que dis que estan a cometer un delicto ou a incumprir a lei, así que aclarate, o que fuxe e por que incumple a lei ou non?

E segundo a nova eran uns axentes de paisano que o seguían porque os estaban a vixiar por ser presuntos delincuentes, e habia un control preparado para detelos na portaxe, a nova non di que quen dispara son os que o seguían ata a zona do control, senón que tras saltar o control policial os persiguen e disparan. En ningún momento na nova dí o que ti afirmas de que se puxeron ao seu carón e lles dispararon, por o que emprenderon a fuxida, alarmados por os disparos (le as novas antes de comentalas, seguro que che será de utilidade)

As paridas non sei se as digo eu pero disparar contra o coche, non contra as persoas para deter a sua marcha, e posible, xa que ao fuxir a gran velocidade pode poñer en perigo a outras persoas que circulen por a autoestrada, seguramente se na fuxida chocan e botan da estrada a outro automobil e o/os pasaxeiros morren no accidente, haberías protestar porque deixaron fuxir aos presuntos delincuentes sen facer nada e mataron a unhas persoas na fuxida.

Asi que non sei quen está inventando cousas coma que non habia un control preparado, que non eran seguidos por ser presuntos delincuentes, o de que se puxeron ao seu caron a disparar as persoas, e demáis mentiras que estas a inventar para levar a nova ao teu terreo.

Sinto que non che faga as beiras, ou non che de a razón como os tolos, pero é o que teño. Que me gusta comentar o que leo, non o que me invento, para levar as cousas ao meu terreo.

Jun 5 2012, 17:02
Nemigo

pero que ten que ver non parar (iso é fuxir?) con cometer un delito? o que "fuxe" fuxe e punto pelota... ten habido casos de alguén que "fuxiu" dun control e cando o pararon resulta que non viu que houbese que parar... eu vivo preto dunha comisaría fan controis na porta tódolos días e teño visto á policía sair detrás de alguén e resulta que simplemente non viu o control. E non pasa ren!

Pero quen dixo que se puxeron ao seu carón e lles dispararon? Ti inventas!

Xa... ti non dis paridas...
disparar contra un coche que fuxe a grande velocidade é o xeito de paralo? Se reventa unha roda a grande velocidade... iso non pon en risco a ninguén?

ti fai as túas beiras (iste rapaz non está ben da cabeza) e sigue a confundir a desobediencia ca resistencia á autoridade que vas moi pero que moi ben. E xa non saber que disparar contra xente desarmada non é uso proporcional da forza...

Jun 5 2012, 18:52
Anxo_Gz

Vaia e logo a barreira da portaxe non lle indicaba que tiña que parar, ou pensou que as poñen para tirar con elas. A verdade e que as tuas conclusións son do máis absurdas. Se tirou a barreira e porque viu a policia e tratou de fuxir, por o tanto non é desobediencia é resistencia á autoridade que lle deu o alto, e tratou de fuxir.

Non confundas o touciño ca velocidade.

Jun 6 2012, 09:30
latri.ca · Contacto | Acerca de | Botóns
Copyright 2010-2012 latri.ca Baixo licencia Creative Commons ·