O domingo 3, ás 16 horas, dende a nosa canle de YouTube emitiremos en directo dende Muimenta, pola IV Festa de Xogos Tradicionais. A billarda, a chave, a rá... cal é o voso xogo tradicional favorito?
http://xotramu.blogspot.com.es/
31 May 2012, 21:56
Imaxe adxunta:
xotramu 2012.jpg
xotramu 2012.jpg · 1037x1417px, 216KB
Comentarios
Kao_Chiu

Só que se faga a Festa de xogos tradicionais xa consideroo importante. Boa idea. Parabéns e sorte.

May 31 2012, 22:16
GalegoLab

Estes amig@s de Xotramu, que son uns cracks! E xa sabes, o domingo, en Muimenta, de 11 a 20 horas ;)

May 31 2012, 22:22
Anxo_Gz

A rá, canto tempo teño pasado de raparigo xogando á rá nas tabernas de Monte Alto.

Jun 1 2012, 17:48
GalegoLab

E que pena que a rapazada de hoxe moitos destes xogos non os coñece de nada! Porque anda que non se pasa ben con eles nin nada!

Jun 1 2012, 18:15
Anxo_Gz

Xa quizáis habería que transformalos en xogos electrónicos para que a xente se enganche e volva a intentar xogar con eles de xeito tradicional.

Jun 1 2012, 19:14
GalegoLab

Ou leval@s a tod@s o domingo e Muimenta, que máis dun e dunha seguro que despois seguiría xogando na casa ou na escola :)

Jun 1 2012, 19:51
latri.ca · Contacto | Acerca de | Botóns
Copyright 2010-2012 latri.ca Baixo licencia Creative Commons ·