Entón con iso queres dicir que a xente é tan curta que se deixa influenciar por os medios e que non ten capacidade propia para decidir por un mesmo. Pois vaia non é que estes a deixar en moi bo lugar aos siareiros do Celta (neste caso).
A xente é quen decide os seus actos e como tal ten que ser responsable deles, botar as culpas aos demáis sempre é unha excusa moi recurrente e moi sinxela para non asumir un as consecuencias dos seus actos.
Morra o conto que agora resulta que a policía nega todo (http://galiciaconfidencial.com/nova/10289.html); o que se ve no vídeo son ilusións ópticas :-)
Anxo_GZ non estou dicindo que todo o mundo sexa parvo, máis ti sabes tam bem coma mím que os medios manipulan determinadas situacións e a xente quéntase (que non é que sexan parvos ostia! é que se quentan! coma eu cando vexo algúm telexornal). A culpa de todo nom a tenhen os medios pero sí axudam. ¿Por que ganha o PP en Galiza? ¿e en España? ¿Por que somos todos parvos?
Creo que estas manipulando o que estou a dicir: afirmas "Entón con iso queres dicir que a xente é tan curta que se deixa influenciar por os medios e que non ten capacidade propia para decidir por un mesmo" cando deberías preguntar-me se realmente digo iso. Creo que nom hai que irse tanto aos extremos co que comenta cada um. En ningúm momento falei dos siareiros do Celta.
Sí, penso que os medios tenhen que ver e a xente tamén, precisamente a xente que mata ou pega ou apalea nos partidos som idiotas. Creo que o futbol é un show nom é um deporte. Creo que non se debería televisar tantos partidos, nim crear esos ambientes que se cream, e penso que sabes perfectamente ao que me refiro: piques e máis piques: entre xogadores, entre adestradores, entre comentaristas. Non é tam bo deporte como para que mova tantos cartos, nim tantas guerras televisivas e de canles. Penso que os deportes na televisión deberían estar máis equilibrados e deixarnos de tanta burremia que o unico que fai é comernos a cachola.
Esto nom pasa só co futbol, pasa con GH, pasa cos programas rosas, amarelos e case que agora mesmo tamos num momento que pasa ata cos programas de cultura.
Como dixo un amigo meu nom ha moito: "que pasaría se os galegos de Coruña-Ferrol-Vigo se levaran bem e se deixaram de parvadas: rivalidades, derbis e demáis?" ¿que pasaría se os medios de comunicación e outros axentes sociais propiciaran esta cordialidade? Por que hai que crear sempre tensión, show, discordia? Por que hai que televisar as inmediacións do Balaidos durante duas horas antes de que comece o partido, sim que pase nada e índa por riba sen televisar logo o partido? Ten sentido? Era por encher um pouco a programación? Vivimos no mundo da : no-noticia. Un especial de máis dunha hora para algo que nom é noticia: os afecionados entram ao campo sem maior problema.
Entendo que non concordes conmigo Anxo_GZ pero a próxima pídeme que concrete ou explique antes de afirmar que eu digo entón polas minhas palabras que todos somos parvos. Non, todos nom somos parvos: pero uns deixámonos levar moito menos que outros. A desviación da opinión pública existiu sempre, podes ou nom concordar con ela, pero nom podes dicir que non existe.
@Zabumba mira non o dis ti pero o digo eu os que se deixan influenciar ou quentar por os medios é que son parvos e non saben pensar por eles mesmos.
E de porque gaña o PP en Galicia, se queres podémolo falar, porque a xente é moi pasota, e non vai votar ou vai votar en branco ou nulo, e sempre ca mesma e estúpida cantinela, a min a política non me interesa.
Cando toca votar pódese dicir que un 50% da xente vai votar, refírome a voto válido, e dese 50% case un 25% vota ao partido gañador, por o tanto estamos a sufrir as consecuencias do que decide un de cada catro galegos, eso si logo ese 50% que non lle interesa a política, protesta cando lle suben as tasas da universidade, lle recortan as pensións, lle fan pagar a sanidade ou lle quitan profesores, entón de súpeto se da conta de que a política manda na sua vida, e non lle gusta os que están porque lle está a afectar a sua vida.
Temos un dereito e como tal témolo que exercer, deixar que outros decidan por ti é sinxelamente de estúpidos ao igual que deixarse influenciar ou quentar por os medios, cando un non exerce os seus dereitos e non quere pensar por un mesmo quizáis é que esté apoiando outro sistema como o dictatorial, no que non fai falta que penses nin decidas xa que o van facer por ti.
Eso é o que deberíamos ver e non botar a culpa a xente que vai a exercitar o seu dereito ao voto, senón culpar a quen non o exerce e sinalalos coma culpables do que estamos a padecer. Sempre é o mesmo porque a xente vota ao PP, non a pregunta é porque a xente non se implica e non vai votar.
Os rivalismos Ferrol-Coruña-Santiago-Vigo, non son certos só existen a nivel político e deportivo, a nivel persoal eu vou por Ferrol e síntome moi ben ao igual que visito moito Vigo e non tiven xamáis problemas en estar en ningunha desas cidade e dicir de onde son e gozar das cidades e as suas xentes.
Anxo_GZ concordo contigo en case todo, é certo que a xente nom se debería deixar levar polos medios pero a gran maioría é así e sabémolo: quase que todos queren ser Cristiano Ronaldo, ou a súa moza, ou quen sexa. A publicidade, as estimulacións que recibimos pertencen ao mundo do máis puro consumismo. EUA está aquí. E xogar contra diso é moi complicado porque incluso empresas e institucións que deberían velar pola menor afectación destes estímulos (véxase o Estado en primeiro lugar, consellerías e incluso institucións como a do control de
publicidade) nom o fan. A ninguem lhe interesa (políticos ou outros axentes sociais e económicos) que pensemos por nós mesmos, para eles o mellor é que sexamos uns burricans máis interesados en se gaña o Real Madrid ou o Barça mentres estan a recurtar todos os nosos dereitos (manifestacións, resistencia pasiva). A culpa é de quen nom fai nada, mas também de quen vota un partido o PP, e logo se queixa dos recortes. Eu tamén lhe votaría a culpa, nom so os que din non ser políticos (que eso é imposible, todos temos a nosa propia política índa que nom sexamos conscientes), senom também aos que sendo obreiros, trabalhadores, votan ao PP, nom se pode votar um partido que ajudou e moito a cargarse um país.
Cando eu era nena ensinábanme que nom podía desejarlhe a outra pessoa ou facerlle algo a alguem que nom quixera eu para mín.
Agora a meirande parte dos nenos os educan dándolles todo e dicíndolles pouco máis que tenhen que pisar ao vezinho se é preciso. Xa nom empatizamos co companheiro. Bom, sí empatizamos pero é unha empatía baldía. Ata que nom nos toca directamente a nós, nom actuamos.
Ademais o problema nom é só a xente que vota ou nom, ou o que votem, o problema tamén é o sistema electoral montado en Espanha.
Hai moita xente que nom vota e tamén ten o seu dereito porque nom quere entrar no sistema, ou pensam que nom votando ignoran dito sistema. Podes concordar ou nom con eles, pero estan igualmente no seu dereito. Votar nom é umha obligación aínda neste país. O melhor habería que discutir como acontece noutros países se é preciso obrigar á xente a votar. Este debate daríanos para días.
Por certo, eu sei de xente de Vigo que lhe rallaron o carro máis dunha vez em Coruña, e de Ferrol tamén. Nom é tam dramática esa rivalidade pero todos sabemos que existe e a proba som os últimos feitos acontecidos cando o derbi en "La Coru". A xente de Ferrol nom tem em moi alta estima á xente de Coruña, pero é certo que nom tem que ver só co fútbol.
Moitas veces pensamos que catro siareiros parvos representan toda unha cidade, e que un faga unha falcatruada, que toda a cidade vai facer falcatruadas aos da outra cidade.
O como o de "La Coru", unha estúpidez denominar así a cidade, porque uns poucos parvos de políticos anden coa teima de chamarlle a cidade "La Coruña" e por iso moitos pensan que xa todos na cidade pensamos igual e hai que estarlles amolando co do nome da cidade a toda a cidadanía da coruña, cando os habitantes desta cidade non temos ningún problema coa denominación oficial da cidade.
Iso é o que se chama tomarlle un pelotazo. Que vergonza!!
Apr 18 2012, 08:51Polícia assassina!!!
Apr 18 2012, 11:17había que disperxar xente.... oh, wait1
Apr 18 2012, 13:44Se poden facer isto xa sem que haxa problemas, que non poderán facer cando reformen o código?
Apr 19 2012, 10:12O que é vergoñento é que cando hai un derbi sempre haxa quen intenta montar o follón.
Apr 20 2012, 12:38Os medios tenhen moito que ver nisto tamén. A opinión pública desvíase, o control é absoluto: pan e circus!
Apr 21 2012, 13:25Entón con iso queres dicir que a xente é tan curta que se deixa influenciar por os medios e que non ten capacidade propia para decidir por un mesmo. Pois vaia non é que estes a deixar en moi bo lugar aos siareiros do Celta (neste caso).
Apr 24 2012, 11:02A xente é quen decide os seus actos e como tal ten que ser responsable deles, botar as culpas aos demáis sempre é unha excusa moi recurrente e moi sinxela para non asumir un as consecuencias dos seus actos.
Morra o conto que agora resulta que a policía nega todo (http://galiciaconfidencial.com/nova/10289.html); o que se ve no vídeo son ilusións ópticas :-)
Apr 24 2012, 11:05non fajades caso do que contan... es que nos quieren mal, din os servidores "púbicos"
Apr 24 2012, 11:11Incrível!!!
Apr 24 2012, 11:12Anxo_GZ non estou dicindo que todo o mundo sexa parvo, máis ti sabes tam bem coma mím que os medios manipulan determinadas situacións e a xente quéntase (que non é que sexan parvos ostia! é que se quentan! coma eu cando vexo algúm telexornal). A culpa de todo nom a tenhen os medios pero sí axudam. ¿Por que ganha o PP en Galiza? ¿e en España? ¿Por que somos todos parvos?
Apr 24 2012, 13:21Creo que estas manipulando o que estou a dicir: afirmas "Entón con iso queres dicir que a xente é tan curta que se deixa influenciar por os medios e que non ten capacidade propia para decidir por un mesmo" cando deberías preguntar-me se realmente digo iso. Creo que nom hai que irse tanto aos extremos co que comenta cada um. En ningúm momento falei dos siareiros do Celta.
Sí, penso que os medios tenhen que ver e a xente tamén, precisamente a xente que mata ou pega ou apalea nos partidos som idiotas. Creo que o futbol é un show nom é um deporte. Creo que non se debería televisar tantos partidos, nim crear esos ambientes que se cream, e penso que sabes perfectamente ao que me refiro: piques e máis piques: entre xogadores, entre adestradores, entre comentaristas. Non é tam bo deporte como para que mova tantos cartos, nim tantas guerras televisivas e de canles. Penso que os deportes na televisión deberían estar máis equilibrados e deixarnos de tanta burremia que o unico que fai é comernos a cachola.
Esto nom pasa só co futbol, pasa con GH, pasa cos programas rosas, amarelos e case que agora mesmo tamos num momento que pasa ata cos programas de cultura.
Como dixo un amigo meu nom ha moito: "que pasaría se os galegos de Coruña-Ferrol-Vigo se levaran bem e se deixaram de parvadas: rivalidades, derbis e demáis?" ¿que pasaría se os medios de comunicación e outros axentes sociais propiciaran esta cordialidade? Por que hai que crear sempre tensión, show, discordia? Por que hai que televisar as inmediacións do Balaidos durante duas horas antes de que comece o partido, sim que pase nada e índa por riba sen televisar logo o partido? Ten sentido? Era por encher um pouco a programación? Vivimos no mundo da : no-noticia. Un especial de máis dunha hora para algo que nom é noticia: os afecionados entram ao campo sem maior problema.
Apr 24 2012, 13:28Entendo que non concordes conmigo Anxo_GZ pero a próxima pídeme que concrete ou explique antes de afirmar que eu digo entón polas minhas palabras que todos somos parvos. Non, todos nom somos parvos: pero uns deixámonos levar moito menos que outros. A desviación da opinión pública existiu sempre, podes ou nom concordar con ela, pero nom podes dicir que non existe.
@Zabumba mira non o dis ti pero o digo eu os que se deixan influenciar ou quentar por os medios é que son parvos e non saben pensar por eles mesmos.
Apr 24 2012, 16:51E de porque gaña o PP en Galicia, se queres podémolo falar, porque a xente é moi pasota, e non vai votar ou vai votar en branco ou nulo, e sempre ca mesma e estúpida cantinela, a min a política non me interesa.
Cando toca votar pódese dicir que un 50% da xente vai votar, refírome a voto válido, e dese 50% case un 25% vota ao partido gañador, por o tanto estamos a sufrir as consecuencias do que decide un de cada catro galegos, eso si logo ese 50% que non lle interesa a política, protesta cando lle suben as tasas da universidade, lle recortan as pensións, lle fan pagar a sanidade ou lle quitan profesores, entón de súpeto se da conta de que a política manda na sua vida, e non lle gusta os que están porque lle está a afectar a sua vida.
Temos un dereito e como tal témolo que exercer, deixar que outros decidan por ti é sinxelamente de estúpidos ao igual que deixarse influenciar ou quentar por os medios, cando un non exerce os seus dereitos e non quere pensar por un mesmo quizáis é que esté apoiando outro sistema como o dictatorial, no que non fai falta que penses nin decidas xa que o van facer por ti.
Eso é o que deberíamos ver e non botar a culpa a xente que vai a exercitar o seu dereito ao voto, senón culpar a quen non o exerce e sinalalos coma culpables do que estamos a padecer. Sempre é o mesmo porque a xente vota ao PP, non a pregunta é porque a xente non se implica e non vai votar.
Os rivalismos Ferrol-Coruña-Santiago-Vigo, non son certos só existen a nivel político e deportivo, a nivel persoal eu vou por Ferrol e síntome moi ben ao igual que visito moito Vigo e non tiven xamáis problemas en estar en ningunha desas cidade e dicir de onde son e gozar das cidades e as suas xentes.
Anxo_GZ concordo contigo en case todo, é certo que a xente nom se debería deixar levar polos medios pero a gran maioría é así e sabémolo: quase que todos queren ser Cristiano Ronaldo, ou a súa moza, ou quen sexa. A publicidade, as estimulacións que recibimos pertencen ao mundo do máis puro consumismo. EUA está aquí. E xogar contra diso é moi complicado porque incluso empresas e institucións que deberían velar pola menor afectación destes estímulos (véxase o Estado en primeiro lugar, consellerías e incluso institucións como a do control de
Apr 26 2012, 12:19publicidade) nom o fan. A ninguem lhe interesa (políticos ou outros axentes sociais e económicos) que pensemos por nós mesmos, para eles o mellor é que sexamos uns burricans máis interesados en se gaña o Real Madrid ou o Barça mentres estan a recurtar todos os nosos dereitos (manifestacións, resistencia pasiva). A culpa é de quen nom fai nada, mas também de quen vota un partido o PP, e logo se queixa dos recortes. Eu tamén lhe votaría a culpa, nom so os que din non ser políticos (que eso é imposible, todos temos a nosa propia política índa que nom sexamos conscientes), senom também aos que sendo obreiros, trabalhadores, votan ao PP, nom se pode votar um partido que ajudou e moito a cargarse um país.
Cando eu era nena ensinábanme que nom podía desejarlhe a outra pessoa ou facerlle algo a alguem que nom quixera eu para mín.
Agora a meirande parte dos nenos os educan dándolles todo e dicíndolles pouco máis que tenhen que pisar ao vezinho se é preciso. Xa nom empatizamos co companheiro. Bom, sí empatizamos pero é unha empatía baldía. Ata que nom nos toca directamente a nós, nom actuamos.
Ademais o problema nom é só a xente que vota ou nom, ou o que votem, o problema tamén é o sistema electoral montado en Espanha.
Hai moita xente que nom vota e tamén ten o seu dereito porque nom quere entrar no sistema, ou pensam que nom votando ignoran dito sistema. Podes concordar ou nom con eles, pero estan igualmente no seu dereito. Votar nom é umha obligación aínda neste país. O melhor habería que discutir como acontece noutros países se é preciso obrigar á xente a votar. Este debate daríanos para días.
Por certo, eu sei de xente de Vigo que lhe rallaron o carro máis dunha vez em Coruña, e de Ferrol tamén. Nom é tam dramática esa rivalidade pero todos sabemos que existe e a proba som os últimos feitos acontecidos cando o derbi en "La Coru". A xente de Ferrol nom tem em moi alta estima á xente de Coruña, pero é certo que nom tem que ver só co fútbol.
Moitas veces pensamos que catro siareiros parvos representan toda unha cidade, e que un faga unha falcatruada, que toda a cidade vai facer falcatruadas aos da outra cidade.
Apr 26 2012, 16:52O como o de "La Coru", unha estúpidez denominar así a cidade, porque uns poucos parvos de políticos anden coa teima de chamarlle a cidade "La Coruña" e por iso moitos pensan que xa todos na cidade pensamos igual e hai que estarlles amolando co do nome da cidade a toda a cidadanía da coruña, cando os habitantes desta cidade non temos ningún problema coa denominación oficial da cidade.