. Este sábado día 31 é a hora do planeta. Apaga as túas luces dende as 20:30 ás 21:30 e prende o planeta. Pensades que esta iniciativa serve para algo realmente?
http://www.horadelplaneta.es/index.php
28 Mar 2012, 16:56
Imaxe adxunta:
hora-do-planeta.jpg
hora-do-planeta.jpg · 580x353px, 21KB
Comentarios
DJ_TAPLERAS

penso que pode ser de interesse este linque a umha intervençom do Miquel Amoros na Casa das Atochas no 2010.

Mar 28 2012, 17:14
Anxo_Gz

A cidade da Coruña, para facer máis visible o acto atrasa o apagado das luces dos monumentos e edificios públicos unha hora, por o que as luces apagaránse de 21:30 a 22:30.

Mar 30 2012, 10:14
RuAn

Apagadas estiveron, e limitadores baixos. Consumo o mínimo posible. Apertas

Apr 3 2012, 01:59
RuAn

Oes. o da coruña unha parbada, non si. Con apagalas xa estaba...:(
Ou eu entendin mal

Apr 3 2012, 02:00
Anxo_Gz

O da Coruña se fixo para facelo máis visible posto que entre as 20:30 e 21:30 co bo tempo que fixo estes días ainda é de día, e a parte de non ser tan visible moitos edificios non están accesos xa que todavía hai luz, por o tanto se atrasou unha hora a sua realización para facelo máis visible e para que fixese efecto de nada serve apagar algo que non está prendido.

Apr 3 2012, 09:39
DJ_TAPLERAS

Nom teria sido mais eficiente regula-lo consumo de toda a cidade todo-los dias do ano??? Estas medidas som umha parvada total!! sem Ânimo de ofender a ninguém.

Apr 3 2012, 10:21
RuAn

Dj, non penso tal, penso que é máis unha medida que pretende concienciar. Si ben e certo, como dis, que as cidades podian facer un mellor control da enerxia que consumen. Apertas

Apr 3 2012, 12:17
Anxo_Gz

@Dj-tapleras. Penso como Ruan é sinxelamente unha medida para concienciar (non sei se eficiente ou non, eu penso que non)

A corporación sainte do Concello xa empezou anos a facer medidas contra o gasto enerxético trocando as luminarias públicas por outras de baixo consumo, instalación de paneis solares en edificios públicos como o Pavillon de Deportes de Riazor, o aproveitamento en enerxia mediante a coxeración no antigo vertedoiro de Bens, na pranta de Nostián ou nas Polideportivas de Santo Amaro e Santo Diego.

Medidas todas elas eficientes e que fixeron baixar sustancialmente a factura de consumo de enerxía do Concello.

Apr 3 2012, 13:12
DJ_TAPLERAS

Nom sei se conecedes o consumo das luminarias de Riazor..... As baterias de litio para reter a energia precissa para iluminar um partido opupariam todo o estadio. Sintoo meus, pero semelham decissoms um pouco cara da galeria. Por que nom mudam os hábitos?
será que esso nom da votos, senom que os quita? porquê o depor no joga de dia? nom pretendo polemizar mais.... um saudo.

Apr 3 2012, 15:11
Anxo_Gz

Non sería máis barato quitar o fútbol, aforraríamos enerxía, problemas de tráfico e aparcamento en horas de partido, e o que é mellor non teríamos que estar a pagar as súas débedas con cartos públicos: retransmisións, quiniela, etc. E non continuarían a aumentar a débeda de milleiros de euros que teñen coa facenda pública, nin coa seguridade social.

Apr 3 2012, 16:44
DJ_TAPLERAS

concordo coa tua visom.

Apr 3 2012, 17:24
latri.ca · Contacto | Acerca de | Botóns
Copyright 2010-2012 latri.ca Baixo licencia Creative Commons ·