Escoitade a proposta que Eric Cantona (lembrades, o futbolista) ten para facernos respectar. Teño moita curiosidade de saber como vai ser o día despois.
22 Nov 2010, 20:03
Comentario
Anxo_Gz

Pois se a sua proposta vai adiante, o que pasará ao día seguinte poden ser duas cousas.
A primeira a que xa vimos co colapso dos bancos de non fai moito tempo, que os estados saian en rescate dos bancos, o que fará que teñamos que pagar máis impostos, xa que eses cartos sairán dos nosos petos, e que leve ao colapso do país como sucedeu xa en Grecia e Irlanda.
A segunda, que os bancos se neguen a entregar os nosos cartos como xa pasou co "corralito" en Arxentina, onde só se podía dispoñer dunha pequena cantidade para evitar a quebra das entidades financieiras.
Moi bonito todo, pero coma sempre con estas ideas brillantes o que acaba pagando é o cidadán de a pé, os currantes.
Gostaríame saber onde ten Cantona os seus millóns, de seguro que nun paraíso fiscal, onde non ten que pagar impostos.

Nov 23 2010, 10:18
latri.ca · Contacto | Acerca de | Botóns
Copyright 2010-2012 latri.ca Baixo licencia Creative Commons ·