#LGTB. Xa é oficial hoxe no noso país veciño Portugal, entra en vigor a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Noraboa por sumarse aos paises que derruban esa discriminación.
Non está permitida a adopción Lord_Galat, pero ainda así é un grande paso e unha grande nova. Un avance como dí andianllons, ainda que quedan moitas cousas por conseguir é un paso adiante.
Eu nisto sonvos pesimista. Sendo un avance legal innegábel (un dereito que nos iguala sobre o papel), non só está o problema de que o avance lexislativo non sempre vai ao mesmo ritmo que o avance social (asunción colectiva da existencia bi, homo ou trans), senón outro perigo que por exemplo estamos a vivir aquí na Galiza: unha vez conquerido o "obxectivo", desmobilización, dúbidas, desercións, abandonos, parálise do movemento LGBT. A nivel estatal, todo semella reducido a unha simple festa rachada un día do ano e punto. É isto normalidade? Para min, cando menos, non a é. Pola contra, preocúpame, e moito! Oxalá en Portugal non aconteza o mesmo. A loita é agora cando comeza!
Home xico, é un avance, está claro que cantos máis avances se consigan menos mobilización haberá, o avance social as veces vai antes que o lexislativo, pero outras ten que haber un avance lexislativo para que haxa un avance a nivel social.
O movemento LGTB en Galicia, para que o imos negar nunca foi forte, e hoxendía, os movementos LGTB a nivel estatal, estánse vendo fragmentados por unha nova asociación COLEGAS, dirixida por un grupo político o PP, cunha intención moi clara, divide é vencerás. Xa que a súa intención é acabar co suposto lobby gay.
Esta é unha estratexia que lle vai ben ao PP, xa o fixo outras veces aproveitándose de asociacións existentes ou creando unhas novas. Casos similares, a utilización política que fixo ca AVT co tema do terrorismo, aquí preto temos o caso de Galicia Bilingüe no tema lingüístico, é COLEGAS é a utilización dunha asociación para rachar a unidade do colectivo LGTB.
Estou de acordo. Con todo, o que eu quería dicir co meu comentario é que non perdamos de vista que ás veces determinados avances poden supor un "espellismo" por non seren tales, ou por seren de seu amplamente insuficientes. Que supón para moitas persoas poderen casar? Para min, por exemplo, como homosexual, nada, porque non acredito na institución do matrimonio, se ben respecto a quen si acredita (a falta de cambios sociais profundos que se cadra farían innecesaria a súa existencia) e vexo ben universalizar o "dereito" a todas as persoas, sen distincións e sen apartheids.
O proxecto chamado COLEGAS, alén dun contrasentido (un colectivo supostamente LGBT ligado a un partido que leva o odio á diversidade afectivo-sexual e identitaria no seu ADN ideolóxico), non deixa de evidenciar a nauseabunda utilización partidariaque se fai a nivel do Estado do movemento LGBT, por uns e outros. Na Galiza, con todas as limitacións do mundo, si que é certo que no seu día houbo quen constriuíu unha dinámica propia, de auto-organización, desde parámetros nacionais. É unha mágoa vermos como iso se está a perder progresivamente mercé a unha constante simbiose co Chueca life style...Grazas a que aínda quedan voces clamando neste deserto!
Non acreditas a institución do matrimonio? Xa acreditarás cando teñas parella, e incluso fillos, tan só por motivos legais xa veras como has de acreditar no matrimonio. Un saúdo xico.
Hehehe.Pois a verdade é que non teño maior interese en ter fill@s neste momento (nin parece que máis adiante, aínda que nunca é unha palabra demasiado grosa). Canto ao de ter parella, digamos que prefiro outras formas de convivencia para min máis interesantes, como por exemplo ter moitas amizades "con dereito a roce" XDDD
Jajajaja, oes, pois non é mala forma de convivencia. Pero a mín sí que me fai ilusión casar nalgún momento da miña vida (xa lle mando bastantes directas e indirectas o meu mozo xD) e pareceume un gran avance.
O malo é o que di xico, que na sociedade moito calado non é que teña tido a lei... quero pensar que todo será cuestión de tempo.
A lei tivo calado, o que pasa é que a xente (a gran maioria) a asimilou con normalidade, pese a uns poucos que a teñen recurrida ante o constitucional, porque lembremos que a lei todavía está pendente do recurso ante o constitucional, que non só teñen pendente o Estatut de Cataluña.
Ogallá fosen máis os países que se unen... A parte mala é que coido que lin que o da adopción non llo permitían
Jun 2 2010, 18:33a sociedade avanza! motivo pa alegrarse!
Jun 2 2010, 23:55Non está permitida a adopción Lord_Galat, pero ainda así é un grande paso e unha grande nova. Un avance como dí andianllons, ainda que quedan moitas cousas por conseguir é un paso adiante.
Jun 3 2010, 00:07Eu nisto sonvos pesimista. Sendo un avance legal innegábel (un dereito que nos iguala sobre o papel), non só está o problema de que o avance lexislativo non sempre vai ao mesmo ritmo que o avance social (asunción colectiva da existencia bi, homo ou trans), senón outro perigo que por exemplo estamos a vivir aquí na Galiza: unha vez conquerido o "obxectivo", desmobilización, dúbidas, desercións, abandonos, parálise do movemento LGBT. A nivel estatal, todo semella reducido a unha simple festa rachada un día do ano e punto. É isto normalidade? Para min, cando menos, non a é. Pola contra, preocúpame, e moito! Oxalá en Portugal non aconteza o mesmo. A loita é agora cando comeza!
Jun 3 2010, 02:13Home xico, é un avance, está claro que cantos máis avances se consigan menos mobilización haberá, o avance social as veces vai antes que o lexislativo, pero outras ten que haber un avance lexislativo para que haxa un avance a nivel social.
Jun 3 2010, 10:03O movemento LGTB en Galicia, para que o imos negar nunca foi forte, e hoxendía, os movementos LGTB a nivel estatal, estánse vendo fragmentados por unha nova asociación COLEGAS, dirixida por un grupo político o PP, cunha intención moi clara, divide é vencerás. Xa que a súa intención é acabar co suposto lobby gay.
Esta é unha estratexia que lle vai ben ao PP, xa o fixo outras veces aproveitándose de asociacións existentes ou creando unhas novas. Casos similares, a utilización política que fixo ca AVT co tema do terrorismo, aquí preto temos o caso de Galicia Bilingüe no tema lingüístico, é COLEGAS é a utilización dunha asociación para rachar a unidade do colectivo LGTB.
Estou de acordo. Con todo, o que eu quería dicir co meu comentario é que non perdamos de vista que ás veces determinados avances poden supor un "espellismo" por non seren tales, ou por seren de seu amplamente insuficientes. Que supón para moitas persoas poderen casar? Para min, por exemplo, como homosexual, nada, porque non acredito na institución do matrimonio, se ben respecto a quen si acredita (a falta de cambios sociais profundos que se cadra farían innecesaria a súa existencia) e vexo ben universalizar o "dereito" a todas as persoas, sen distincións e sen apartheids.
Jun 7 2010, 14:12O proxecto chamado COLEGAS, alén dun contrasentido (un colectivo supostamente LGBT ligado a un partido que leva o odio á diversidade afectivo-sexual e identitaria no seu ADN ideolóxico), non deixa de evidenciar a nauseabunda utilización partidariaque se fai a nivel do Estado do movemento LGBT, por uns e outros. Na Galiza, con todas as limitacións do mundo, si que é certo que no seu día houbo quen constriuíu unha dinámica propia, de auto-organización, desde parámetros nacionais. É unha mágoa vermos como iso se está a perder progresivamente mercé a unha constante simbiose co Chueca life style...Grazas a que aínda quedan voces clamando neste deserto!
Non acreditas a institución do matrimonio? Xa acreditarás cando teñas parella, e incluso fillos, tan só por motivos legais xa veras como has de acreditar no matrimonio.
Un saúdo xico.
Jun 7 2010, 16:59Hehehe.Pois a verdade é que non teño maior interese en ter fill@s neste momento (nin parece que máis adiante, aínda que nunca é unha palabra demasiado grosa). Canto ao de ter parella, digamos que prefiro outras formas de convivencia para min máis interesantes, como por exemplo ter moitas amizades "con dereito a roce" XDDD
Jun 8 2010, 00:02Como se nota que ainda es xoven.
Jun 8 2010, 09:35Jajajaja, oes, pois non é mala forma de convivencia. Pero a mín sí que me fai ilusión casar nalgún momento da miña vida (xa lle mando bastantes directas e indirectas o meu mozo xD) e pareceume un gran avance.
Jun 8 2010, 13:09O malo é o que di xico, que na sociedade moito calado non é que teña tido a lei... quero pensar que todo será cuestión de tempo.
A lei tivo calado, o que pasa é que a xente (a gran maioria) a asimilou con normalidade, pese a uns poucos que a teñen recurrida ante o constitucional, porque lembremos que a lei todavía está pendente do recurso ante o constitucional, que non só teñen pendente o Estatut de Cataluña.
Jun 8 2010, 18:50Carafio, pois isto si que non o sabía eu. Parabéns para os nosos veciños
Saúdos
Jun 11 2010, 22:44