#tdt. O vindeiro 30 de Marzo comenza a emitir Paramount Channel, será de cinema e fará a competencia a laSexta3, esta canle sustitue a xa desaparecida La10, e será visible en distintos soportes.
#tdt. Trocos na tdt. Veo7 desaparece e dende o día 12 aparece DiscoveryMax, Canal+2 pasa a ser o día 9 unha canle de temática masculina chamada Energy. La10 desaparece e a sustituirá Paramount Comedy.
#tdt. Outra baixa nas cadeas da TDT, desta volta outra cadea desas que andan a loitar por a audiciencia da extrema dereita, e que non hai audiencia para tanto lixo. Ah! a cadea é La10 de Vocento.
O malo da TDT e que se implantou mal, se deron licenzas a grupos sen ton nin son, sen estudio de viabilidade, nin nada.
Grupos de televisión co mesmo corte, a chamada Tedete Party, é a que máis esta a sufrir, xa que o éxito na TDT está na diferenciación non emitir o mesmo.
E quenes máis van perder se gaña o PP son estas televisións que viven de criticar ao goberno de ZP e a Zapatero, xa que se lles acabará ese chollo que lles da audiencia.
Ninguén verá unha televisión para ver o ben que o fai o goberno sen ningunha crítica, porque para eso xa se encargará a televisión pública como xa demostraron na época de Aznar, e de seguro que todos estos presentadores e directores da Tedete Party pasarán a formar parte da televisión pública, como xa vemos esta a pasar nas públicas autonómicas onde xa goberna o PP.
É un pouco estraño non obstante; se aguantaron até agora non podían facelo dous meses máis? Soa máis ben a dar un paso atrás para despois recolocarse nun novo escenario. A frecuencia penso que a manteñen en calquera caso.
Si a frecuencia a manteñen e a alugan, no caso de Veo será alugada a Discovery Channel, e no caso de La10 se pensa que será a Fox quen alugue a frecuencia.
A sua estratexia é para que gastar en personal para gabar ao novo goberno do PP (se así resultase gañador), se esto xa se vai facer na televisión pública, sería absurdo e non tería audiencia, ademáis os profesionais destas cadeas serán recolocados no ente público, así que mellor deixar de emitir e obter ingresos alugando a frecuencia ao mellor postor.
De feito xa vimos a vergoña na que se vai convertir TVE, a pasada noite o consello do ente aprobou cos votos a favor do PP e CiU, ca abstención do PSOE e CC.OO. e os votos en contra de IU e UGT, o control da información dos Telediarios antes da sua emisión, ou sexa o que se chama censura previa.
#Televisión. A TDT traería máis pluralidade e oferta, pero o que vemos e concentración de medios e monopolio. O último o peche de CNN+ o 31 de Nadal, espazo que ocupará unha nova canle de Telecinco.
Dende fai séculos veño dicindo que o deterioro da Tv en aberto non é máis que unha estrataxema para que merquemos a de pago...e cando merquemos a de pago so imos ver canal cocina por que os demais non valen un pataco. Saúdos
Eu dou xa por morta a televisión convencional tanto a TDT como as plataformas de pago, penso que o futuro pasa por a televisión a carta a traves da internet. Saúdos.
#LGTB. Parece que as ideas ultra conservadoras tamén se impoñén aquí como nos EUA, mentras alí mandan o Tea Party, aquí as posturas se achegan ao chamado TDT Party e Rajoy e outros xa non se cortan.
Isto vai estoupar, A Xunta de Frijolito fai o que nin sequera fixo o vello , poñen carteis oficiais en castelán. (co tema do TDT) Cando o raposo garda as galiñas pasa o que pasa.