#rescate. Se estes días ides quitar cartos ao caixeiro do voso banco veredes que os saen uns billetes noviños firmados por Mario Draghi. Será un sinal de que xa chegou o rescate financieiro dos bancos
Parabéns polo de atopar un emprego. Polo demais, a farsa esta do rescate, a prima, e demais excusas, xa conseguiron o que querían, un recorte dos dereitos dos traballadores, medo a perder o emprego, sumisión, etc----------> Ainda mais beneficios. Xa é cousa sabida, en Alemaña fixéronon hai uns 5 ou 6 anos.
O outro día unha organizazón de loita contra a pobreza, sacou uns datos do País Vasco nos que dicía que o 1,4% da poboación vasca ten o 44% do PIB do País Vasco. Isto pode ser extrapolable a calquera sitio do estado. Calquera que o lea podería dicir que trátase dun país caribeño, ou norteafricano, pois non, a desigualdade é mais grande que nunca.
Grazas Kao_Chiu. Agora non me conecto tan asiduamente como antes, asi que tarde pero grazas.
Todo este mundo é unha farsa para a maioría traballe case de balde para enriquecer a uns poucos e eso necesita un troco drástico pero a xente está adurmiñada, ou non se quere enterar da realidade.
#crise. Se pensábamos que o peor xa pasara non é así, ainda está por vir. Portugal pide rescate, España aumenta a prevision do paro en 5 décimas, Grecia vai anunciar a suspensión do pago da sua débea.
#Crise. O ex-futbolista Eric Cantona chama á revolución levando os bancos ao colapso ca retirada dos aforros o 7 de Decembro. Surtirá efecto ou cres que os gobernos sairán de novo no seu rescate?
coido que inda que nos puxesemos todos de acordo non colapsariamos a ningun banco, lembrade que por lei so teñen que dispoñer de un tanto por cen do que se ingresa neles, e se non o teñen, poden facerche agardar por eles...Saúdos