Concordo co artigo, esta batalla paga a pena, a Xunta ten a obriga de facerse cun porcentaxe pra ter un núcleo duro de control. Non pode desaparecer pra gusto do BBVA ou LaCaixa. Logo habera tempo de axustar as contas con os falcatrueiros que fixeron a desfeita.
CG ben xestionada é unha mina. Non hai outra entidade que teña a metado do que se move na galiza. Lembremos tamén que tódolos negocios de inditex na galiza son xestionados por CG
Home está visto que algunha contraprestación teñen que levar do goberno balear, senón porque van todos os anos a veranear ao mesmo sitio, ou é que non hai máis sitios onde veranear no extenso Reino de España.
Mais que fusión foi que o Popular vai papar o Pastor. Outra perda de poder financieiro. Xa só queda o remedo de caixa chamado NCG, o Banco Gallego que é de NCG, ou sexa nada, e o Etcheverría. Este ano será lembrado como a catástrofe financieira galega.
Habemos ver se é cara á galería ou non o asunto; chegado o caso sempre ficará a posibilidade de negociarmos co banco e acudir a aquel que menos nos "limpe".
Recadar 55.000 millóns ao ano, cando se lles deu case que 5 billóns de euros parece de risa, non digo que a medida sexa mala, pero penso non se van a atrever cos bancos.
Nemigo o que lle pasa a clase política e que cando hai tanto que limpar un xa non sabe por onde empezar, e cando un esta cheo de merda o que menos lle apetece e o limparse un para emporcarse logo limpando o resto. E é que cando un non é limpo pois xa non lle apetece nin empezar a limparse por si mesmo e isto é o que lles pasa aos políticos.
#oscartoschamanaoscartos. Saltou a bomba deportiva, digo económica: o capital do sur reacciona. Fernández Alvariño quere mercar #NCG. Tarde piaches? Afán de protagonismo?
A primeira vez que a vin foi en La Voz e pensei que era con toda a mala intención do mundo, mais vexo que é a que está a circular por todos os medios, por moito que XdG a etiquete como súa. Sendo así, as malas intencións son do gabinete de prensa do propio banco.
Home aí quen máis quen menos parece que se estan a empurrar uns aos outros para sair na foto, pero ao meu entender penso que o máis chamativo é a cunca coa que aparecen diante, parecen unha panda de ricos pedichóns, só lles falta o cartel de "É triste pedir, pero máis triste é ter que roubar".
Os ricos esperarán ao 20N. Por que van dicir que queren que lles suban os impostos se o PP (probable gañador) dí que non lle os vai subir. Ricos si pero non tontos.
#oscartoschamanaoscartos. As vendas de coches de luxo se disparan, e ainda hai quen pensa que está mal eso de subirlle os impostos as rendas máis altas.
Ben o problema non está nos bancos, senón en quen lle da de comer a eses bancos, con trocar de banco onde non che cobren, e habelos hainos.
May 10 2012, 13:01