A marcha polo galego de hoxe, invisibel nos medios, facendo unha procura en san google non sae case que nada, e o pouco que sae é en castelán. Isto non é casualidade.
Os neoliberais enganan co do mercado que se autoarranxa. Os Hedge-funds americans están a atacar a economía de Europa, gañando cartos,apostando, afundindo países con medios e expertos pagados por eles
#oquehaiqueler. O vindeiro día 29 de Febreiro nace Dioivo, segundo comentan non é un xornal ao uso senón máis ben unha revista na que os temas a tratar serán temas que non se atopan noutros medios.
En principio ten boa pinta, sempre dixen que a desaparición dos distintos xornais en galego sería unha boa nova, si deles surxía un novo e mellor, e parece que imos nesa liña. Por fin algo de esperanza!
É unha lástima que ninguén se atreva a dicir claramente cales son as causas que levan ao peche a edición dixital, ao igual que non se fixo ca edición en papel.
estaos ante outro exemplo do empresariado do país. Xente que non cre nos proxectos. Viven da subvención a a velas vir.
As estructuras empresariais na galiza (e na españa) están afeitas ao enchufismo e a burocratización. Non hai quen terme diso
A industria cultural de este país vai esmorecendo por falta de axudas ou da crise, pero tamén parece que outros intentan facer desaparecer a industria co lanzamento de falsedades.