#lgtb. Hoxe é o día do orgullo gai, moitos pensan que non se poden conquerir máis dereitos, pero ainda existen realidades tan duras como a da ligazón, e xa non digamos en paises menos democráticos.
#lgtb. O Concello da Coruña, ven de anunciar as actividades para o día do Orgullo Gai e entre outras cousas programan unha carreira de tacóns e lanzamento de bolsos. É necesario esto?
É unha banalización dunha xornada de reivindicazón. Pódese comparar a que no primeiro de Maio fixesen unha carreira de obreiros con sacos ao lombo ou lanzamento de martelos, e de fouciños.
@Nemigo, non confundamos unha festa reivindicativa, cunha que se maltrata animais, a festa do orgullo e comparable a unha festa reivindicativa coma a da clase obreira galega, pero non con ás touradas.
@Kao_Chiu estou dacordo contigo, non ten sentido ningún. Seguro que na liña que levan o seguinte que farán será o día da nai é un concurso de rapidez nos cambios de cueiros ou de preparación de biberóns.
#enquisa. A Axencia de Dereitos Fundamentais da UE pon en marcha unha enquisa co obxectivo de recoller as experiencias do colectivo LGTB, para apoiar lexislacións e políticas de igualdade de trato.
De todos os xeitos é recomendable facela, e no apartado final amosar a indignación por a presenza na Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA) de asociaciós ultras e homófobas como HazteOir, tamén sería convinte recalcar os intentos da dereita española en tirar abaixo os avances conseguidos en dereitos LGTB coma o recurso que teñen presentado contra a Lei de Matrímonio Homosexual.
#LGTB. Interesante carta do deputado brasileiro Jean Wyllys do PSOL, abertamente gai, que dirixe ao Papa Bieito XVI tras o seu paso por Brasil e as suas como sempre contrevertidas declaracións.
#lgtb, #20N. Entrevista no diario Público ao mozo que se bicou en directo diante das cámaras de Aljazeera na noite da victoria electoral do PP e diante da sua sede e seguidores.
#lgtb. 110 anos fai do primeiro matrimonio homosexual na igrexa de San Xurxo da Coruña. Foron duas mulleres Marcela e Elisa coruñesas, e agora se lles rende homenaxe onde se coñeceron na escola Normal
#lgtb. Estas declaracións de Rajoy: "No me gusta gobernar con prohibiciones, sino con libertad", pensas que as dixo sobre o matrimonio homosexual, pois non o dixo pola prohibición das touradas.
#17Maio. Día das Letras Galegas, día da Internet e día contra a LGTBfobia, así que un día para ler en galego, ben libros de papel, electrónicos ou na rede, para aprender e ser moito máis tolerantes.
#LGTB. Mañán comenza na Coruña, o IV Festival A Coruña visible que inclue: teatro, cine, música e danza. O festival se desenrrola do 16 ao 19 de Novembro.
#LGTB. Inaudito o que hai que escoitar, a presidenta do PP catalán, nai solteira por inseminación artificial contraria a que as parellas homosexuais adopten fillos porque "necesitan un pai e unha nai
isto parece unha broma. por que non din que o que había que facer era matalos a todos e acabar? ah, xa... claro... é que no partido tamén teñen xente que fai uso da lei de matrimonio homosexual, e da adopción...
Nervo, parece unha broma pero non o é, e máis estas declaracións son do programa "Tinc una pregunta per a vostè", o que pasa que para os do PP, esto sempre está ben se o fan eles, inseminación artificial, adopción monoparental, aborto, matrimonio homosexual, divorcio, pero nunca para os demáis, e o que chamamos incoherencia, pero por desgraza ainda hai moitos que iso o ben con bos ollos es danlle a confianza cun voto nas eleccións.
#LGTB. Parece que as ideas ultra conservadoras tamén se impoñén aquí como nos EUA, mentras alí mandan o Tea Party, aquí as posturas se achegan ao chamado TDT Party e Rajoy e outros xa non se cortan.
#LGTB. O 30 de Setembro cúmprense 5 anos da aprobación dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Esixe ao PP que retire o seu recurso contra o matrimonio homosexual ante el TC. Asina nesta ligazón.