#Latrica. Penso que ao igual que se fixo co festival de Cans que se modificaron os perfís dos que non teñen foto, poderíanse modificar coa da portada da revista Retranca secuestrada en solidaridade.
Mais cando introduzo o meu RSS de Twitter e despois poño o nome de usuario e contrasinal do propio Twitter dime que non son válidos cando realmente si o son. ?
Hola, non teño moi claro se isto está permitido en latri.ca, así que pregunto. Pode o usuario sweetbaby77 mandar spam de contacto erótico-festivo á miña conta? Desexaría que non poidese. Graciñas.
Pero si, de tódolos xeitos sería interesante ter a opción de ignorar usuarios e tamén sería bo que a administración tivese en conta que pode haber usuarios menores de idade
#Latrica. Por que non escribides a xornais on line editados en galego para que abran unha canle no latri.ca, tales como vieiros, gznacion, xornal, etc. mesmo empresas ou institucións coma concellos?
Xornal en galego... pois mais ben pouco non? O mais importante do diario, ou sexa a portada e os botóns é todo castelán. A editorial de J.L. Gómez sempre en castelán. Esperemos que a cousa cambie.
Mira o gráfico que representa progreso do número de usuarios en función do tempo. Semella haber unha profunda deceleración, e o problema é que se presenta moi cedo. ¿Que podemos facer para crecer?
Duas cousiñas: o número de usuarios en liña tamén adoita ser baixo, e o mapamundi dos IP's ¿que significa? os que estiveron conectados ou non ten que ver nada co latri.ca.
pois promocionar mais a cousa, notas de prensa (o de cans poderia ter sido un bo momento) etc...é o único que se me ocurre a estas horas e con esta grippe que teño. Saúdos
Gardades algún tipo de datos sobre o número diario de altas no latri.ca? De ser asi, poderiádesmos pasar para unha entrada no grupo de ciencias e tecnoloxía?
Pareceme boa idea!
Oct 27 2010, 10:27Únome
Oct 27 2010, 13:22