![]()
Latri.ca xorde como resposta ao auxe de redes sociais como Twitter, Tuenti ou Facebook e pensamos en organizar unha pequena rede social galega, similar ao modelo de Twitter, con algunhas "melloras", onde a xente puidese compartir os seus temas de actualidade, preocupacións, afeccións, etc.; pero á vez interesounos que todas esas persoas tivesen un nexo de unión común, que falasen en galego ou se atopasen en Galicia, unha maneira máis sinxela de poder atopar xente máis próxima a ti. Mesmo se queres seguir "latricando", podes quedar logo para tomar algo. A cuestión era facilitar aos galegos dunha ferramenta rápida e efectiva para poder comunicarse entre eles con facilidade
GustarÃanos que se empregase latri.ca como unha ferramenta para compartir, que os usuarios creen unha comunidade interesante e que participen, creen grupos onde poder gozar do talento, gustos e afeccións dos galegos, que ás veces está moi escondido. Tamén que se empregue como plataforma de comunicación e de exposición de inquietudes sociais. Dado o seu carácter inmediato, e a que existe unha versión para movil (http://m.latri.ca) é unha ferramenta moi útil para informar o resto de usuarios de diferentes actividades: concertos, sucesos, manifestacións, etc.
Latri.ca é un proxecto persoal, non empresarial. Baixo sinxelo.com estamos un grupo de persoas que tentamos facer proxectos en galego para galegos. Non somos unha empresa, só un grupo de usuarios que nos gusta crear proxectos en galego para Galicia. Calquera suxestión é sempre ben recibida
Latri.ca está baseado nun código xa existente de libre distribución e o que fixemos é adaptalo ás nosas necesidades con algunhas modificacións, e algunha máis que queremos facer.
Latri.ca el Twitter a la Gallega
Latri.ca la nueva red de tuiteo en gallego
Latri.ca, o twitter máis galego
Twittear se dice latricar en gallego
Nace o twitter galego: Latri.ca
Latri.ca, o novo Twitter galego, xa supera os 400 usuarios
Músicos ao Vivo presente na rede social galega “latri.ca”
latri.ca - Fala, latrica, opina
Agora tambien dispoñible en “latri.ca”
latri.ca organiza on-line un festival de música
A rede galega Latri.ca despide a temporada cun festival “on line”