xaneiro 2011 xa é o mes con máis visitas na historia do blogue. moitas grazas a todos os que entrastes algunha vez. hoxe vai "más allá de la vida" a nova de clint eastwood.
http://bichicoming.blogspot.com/2011/01/hereafter-clint-eas...html

a túa interpretación do filme é tan válida coma a miña. cada un debe ver as cousas e formar a súa opinión, así que por min esta parte está correcta.
Jan 25 2011, 13:13o que pasa é que non creo que destripe nada, porque o conto non ten nada que destripar. a película vai, e vai, e vai e, de súpeto, remata. non conto nada que non puideras ver na sinopse de calquera revista, xornal ou mesmo no trailer.
tamén teño a miña propia teoría do que hai máis alá da vida (nada) e non necesito ningunha relixión nin ningún director de cine que me convenza do contrario.
grazas por opinar.
O que pasa é que moita xente está a feita a que lle o den todo rápido con moitos efectos especiais e ben mastigado, e se é dixerido mellor.
Jan 25 2011, 17:21A película e lenta, non todas teñen que ter un ritmo trepidante, xa que esa lentitude e a que fai que teñas tempo de reflexionar sobre o que vai contando, "e de súpeto remata", como ti ben dis hai xente que quere que se casen e adopten ao rapaz, e iso é xente que non está acostumada a ver películas sen, como dixen, lle o den ben mastigado e dixerido para non ter que pensar por eles mesmos.
Encántanme ver estas películas así, porque escacho coa risa ao ver as caras da xente, como cando van ver unha dos irmáns Coen, como "Non é país para vellos", que quedan con cara de "ah! e vasme deixar así sen rematar a historia".
Non creo que a peli convenza de nada, sinxelamente é crítica con unha postura e fai pensar que pode haber outras, en ningún momento impón pensamento algún.
Ah! por certo parabéns por o record de visitas no teu blog. Non gosto de él, pero ainda así de vez en cando o visito. Saúdos.
Jan 25 2011, 17:27