"Dende Miranda vese Esmelle todo arredor, o castelo de Belvís, a fraga da Serpe, a lagoa dos Cabos, e de día, a seu carón, o fume das ferreirías do Vilar". Esta cita é de...
... e neste, Begoña Outeiro relata as dificultades que puxo Google para adicarlle o doodle do día de hoxe á 50ª edición das Letras Galegas (que finalmente non nos concederon)
En Praza Pública falan hoxe de nós en dous artigos: neste, Marcos Pérez Pena fala de diversos proxectos para celebrar o 17 de maio, entre eles dous de GalegoLab...
Bo Día das Letras Galegas de parte de Raquel, Sabela, Nuria, Silvia, Manuela, Cristina, Sara, Iván, Héctor, David, Xiao e Ainara, que nos len poemas de "Roseira do teu mencer", de Álvarez Blázquez
Hoxe recuperamos unha cita de Almas de muller... ¡volallas na luz! (1915), obra Francisca Herrera Garrido, á que se lle adicou o Día das Letras Galegas en 1987. Na ligazón tedes unha pequena escolma
Quizais non é das autoras máis coñecidas, pero nunca é tarde para descubrila, e paga moito a pena. Nesta obra conta a historia (case sempre desgraciada) de diversas campesiñas e, como dis ti, é bonito á vez que triste.
A cita de hoxe era d'A Esmorga (1959), de Eduardo Blanco Amor, homenaxeado nas Letras Galegas de 1993. Esta obra relata as aventuras (ou desventuras) que nunha noite lle acontecen ó Bocas e ó Milhome
"Cando chegamos ó cavouco das obras, o Milhomes aínda o quixo parar pillándoo por un pulso, pro o Bocas sen decire ren mandoulle unha pancada no carrolo ferido e guindouno de fuciños"
A cita de hoxe era de María Mariño, de Verba que comenza (que podedes ler na ligazón). A esta autora, que escribiu, entre outros, Palabra no tempo, adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2007.
"Calas mentras contas as presadas que de nós van / caendo, / vas na verba, / verba que rixe, / verba enteira que é. / Vas e dis anque calas e non cingues / xeito novo. / Pro si: / de nós levas"
A cita de hoxe, como ben dixo @Denantes, pertence á obra Os dous de sempre. Pedriño, xunto con Rañolas, é o seu protagonista. Mañá ás 18 horas, nova oportunidade de gañar un libro de Rinoceronte Ed.
"Unha vez chegou unha carta para Pedriño co seu nome no sobre. Foi un regalo que colleu de súpeto ó rapaz, e co gallo de recebir unha carta co seu nome no sobre xa coidou que deixaba de ser ninguén"
Si, o escritor é Álvaro Cunqueiro! O último libro vai para ti! Noraboa! Aínda que a obra é "Merlín e familia"
May 17 2012, 18:04Grazas. Tes razón
May 17 2012, 18:06Un erro teno calquera, e como o que pediamos era o autor, o libro é teu
May 17 2012, 18:10