Coa pista de Miranda, @Taitow viu que se trataba de Álvaro Cunqueiro e de Merlín e familia (1955). Neste trasunto do seu Mondoñedo natal ambientou o autor esta obra. Que máis tedes lido de Cunqueiro?
"Dende Miranda vese Esmelle todo arredor, o castelo de Belvís, a fraga da Serpe, a lagoa dos Cabos, e de día, a seu carón, o fume das ferreirías do Vilar". Esta cita é de...
... e neste, Begoña Outeiro relata as dificultades que puxo Google para adicarlle o doodle do día de hoxe á 50ª edición das Letras Galegas (que finalmente non nos concederon)
En Praza Pública falan hoxe de nós en dous artigos: neste, Marcos Pérez Pena fala de diversos proxectos para celebrar o 17 de maio, entre eles dous de GalegoLab...
Bo Día das Letras Galegas de parte de Raquel, Sabela, Nuria, Silvia, Manuela, Cristina, Sara, Iván, Héctor, David, Xiao e Ainara, que nos len poemas de "Roseira do teu mencer", de Álvarez Blázquez
Hoxe recuperamos unha cita de Almas de muller... ¡volallas na luz! (1915), obra Francisca Herrera Garrido, á que se lle adicou o Día das Letras Galegas en 1987. Na ligazón tedes unha pequena escolma
Quizais non é das autoras máis coñecidas, pero nunca é tarde para descubrila, e paga moito a pena. Nesta obra conta a historia (case sempre desgraciada) de diversas campesiñas e, como dis ti, é bonito á vez que triste.
A cita de hoxe era d'A Esmorga (1959), de Eduardo Blanco Amor, homenaxeado nas Letras Galegas de 1993. Esta obra relata as aventuras (ou desventuras) que nunha noite lle acontecen ó Bocas e ó Milhome
"Cando chegamos ó cavouco das obras, o Milhomes aínda o quixo parar pillándoo por un pulso, pro o Bocas sen decire ren mandoulle unha pancada no carrolo ferido e guindouno de fuciños"
A cita de hoxe era de María Mariño, de Verba que comenza (que podedes ler na ligazón). A esta autora, que escribiu, entre outros, Palabra no tempo, adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2007.
"Calas mentras contas as presadas que de nós van / caendo, / vas na verba, / verba que rixe, / verba enteira que é. / Vas e dis anque calas e non cingues / xeito novo. / Pro si: / de nós levas"
A cita de hoxe, como ben dixo @Denantes, pertence á obra Os dous de sempre. Pedriño, xunto con Rañolas, é o seu protagonista. Mañá ás 18 horas, nova oportunidade de gañar un libro de Rinoceronte Ed.