que opinades do enfoque que se lhe deu onte nos INFORMATIVOS DA TELEVISIÓN PÚBLICA GALEGA (telexornal mediodía) ao prolblema da emancipación da mocidade????? a min, un insulto!!!
Pois eu o vexo moi acertado, moita xente xoven non quere emanciparse, porque dese xeito perde calidade de vida, non poden mercar roupa de marca, sair todas as fins de semana, ir de vacacións cando a un lle peta.
Eu estou emancipado e me custa e custoume moito máis e tiven e teño que renunciar a moitas cousas que antes facía, entre elas ir de vacacións fora, sei de moita xente que non queren sacrificar a sua calidade de vida en casa dos pais.
Non digo Caro que a tua situación ou opinión sexa distinta, pero fai unha enquisa dos que te arrodean e xa verás como prefiren sacrificar a sua independencia total, a ter unha independencia parcial chea de comodidades e luxos.
Efectivamente non nego haxa unha parte da mocidade que si actue do xeito que dis, mais aqui, dende logo, coido que o que pretenden coa maneira de presentar a "reportaxe" é coma algo normal e divertido para precisamente seguir fomentando iso: unha falla de responsabilidade, o consumismo innecesario e que todo isto non representa un problema.
Pode que haxa unha parte importante de xente moza desmotivada neste senso, supoñoo que iso será culpa dos que nos gobernan, que en parte tamén deben educar e colaborar en construir a sociedade do futuro.
Non é o meu caso, eu teño a sorte de que os meus pais se mataron a traballar (ao tempo que nos educaban con sentido da responsabilidade) para facilitarnos unha vivenda.
Máis teño compañeiros que non tiveron esa sorte, e que actuaban do xeito que dis; porén en canto se comezaron a aplicar pequenas axudas dende algun ex-goberno para fomentar o alugueiro ou a posibilidade de acceder á compra de vivenda protexida cambioulles o xeito de ver as cousas.
Xa Caro, pero estamos na mesma de sempre, aquí queremos facer as cousas sen sacrificios, quen algo quere algo lle custa. A min non me gustan ese tipo de subvencións, podes axudar a xente que o mellor o necesite, pero non subvencións para que todo o mundo para que se independice e siga mantendo o seu nivel de vida.
Estamos a criar unha xeración de inútiles que pensan que todo lle o teñen que dar feito, e non é así, as cousas conséguense, sacrificando e perdendo se cabe nivel adquisitivo, ti mesma o dis "os meus pais se mataron a traballar", claro que si renunciando a moitas outras cousas que lles gostaría facer, pero eso hoxe non é así, quero piso que o pague o meu pai o senón papa estado que tamén ten cartos, eso si a min non me toques o peto.
Unha xeración de fracasados a xeración chamada "ni-ni" que nin estuda, nin traballa, vive dos demáis, queren que lle dean todo feito e xa, e senón o consiguen entón optan por a violencia, xa que non estan acostumados a non conseguir o que necesitan. Porque non saben recibir un "non" por resposta.
E non é que a televisión o presente como algo normal e divertido, senón que a xente pensa que é algo normal e aos xovenes parécelles divertido e iso non é culpa da televisión, do goberno de turno ou da ensinanza.
No colexio ensinanche coñecementos, pero a educación e os valores os temos que ensinar nós nas casas, algo que a xente está deixando delegando na ensinanza, pero os profesores non teñen autoridade para ensinar educación e valores.
Queremos Galego convoca concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nas principais cidades e en varias comarcas do país. Non ao decretazo que acaba co galego!
touporrotou
Oct 9 2010, 13:25Que che vaia bonito!! Xa subirás os teus sons.
Oct 26 2010, 23:33