Iniciativa do BNG para prohibir as touradas en Galicia. Basta xa de usar os nosos cartos para torturar animais disfranzádo esa barbarie de arte e cultura.https://www.facebook.com/photo.php?fbid=119353
Pegar non pegaran, pero subvecións públicas levan (sendo para sectores minoritarios peor mo pos) e ata nalgunhas das nosas vilas hai prazas de touros. Eu non quero que cos meus cartos torturen animais e, aínda por riba, lle chamen a iso arte ou cultura e a festa nacional. De verdade, que se iso é arte ou cultura eu prefiro ser inculta. Ademáis os torturadores chámanlles "valentes"; non sei como se definirá cobarde.
E se hai pouca tradición será porque os galegos somos máis intelixentes que a media nacional. Á miña avoa, en paz descanse, só lle gustaba cando o touro (o único valente nese despropósito) corneaba ao toureiro.
E ademáis, que pasa? Que porque sexa minoritario non se debe prohibir?
Pouca non, nengunha. as touradas en GZ son tan tradicionais coma o budismo zen mais ou menos.
Non sei que fará o rexidor do Concello de Pontevedra (BNG) este ano. O da Coruña xa sabemos o que fará.
O novo membro da túa familia está máis cerca do que pensabas. Podes atopalo en Foz. https://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Asistencial-Protectora-de-Animales-de-Foz/173645246026259?ref=ts&fref
Non as corridas de touros no concello de A Coruña. https://www.change.org/es/peticiones/dile-al-ayuntamiento-de-a-coru%C3%B1a-basta-de-corridas-de-toros#share