A moza responde a un arquetipo moi común en Galiza, a familia que fala galego entre os mais vellos e fálalle castelán aos rapaces pra que esqueza a lingua de aldeans. E sinten orgullo de que fale castelan a rapaza. En fin, a ignorancia e autoxenreira non coñecen límites.
Que alerxia lle ten esta xente á cultura, sinaladamente á cultura galega claro está. Estou por pensar que López-Chaves debe ter no PPdeG unha especie de campus ou escola de verán porque vaia alumnos avantaxados lle están a saír.
Promoven cultura do tipo de: corridas de touros, flamenco na catedral, tunos, etc.... e por outra banda espetanlle un coitelo no pescozo na cultura da lingua do país.