#rezar. Segundo o Telediario2 de TVE, rezar calma a ansiedade dos parados. Por iso Fátima Bañez debeu pedir a Virxe do Rocío que baixase o número de parados. Deberia ser Deus Ministro de Traballo?
Fátima tiña que chamarse, digoo polos miragres.
De todo xeito xa temos varios Deuses, e Deusas no Olimpo de Bruxelas, como o BCE, Angela Merkel, e a troika, verdadeira Trinidade.
#xornal. O diario LV derradeiro xornal publicado en galego, desaparece converténdose en semanario a partires do 8 de febreiro, e quedando a versión diaria só na internet.
Sen dúbida unha moi mala nova. A prensa en papel en xeral tende a baixar ao longo dos derradeiros anos fronte ao mundo de internet. E se é en galego, pois moitísimo pior.
#xornal. Dos promotores iniciais de xornal.com José L. Gómez e Antonio Sangiao, nace un novo diario dixital galego (que non quere dicir que sexa todo en galego), mundiario.com. Parabéns.
@Kao_Chiu, de nada. O anterior goberno bipartito de PSdG-PSOE e BNG, anunciaron os trocos das distintas rúas e símbolos franquistas como cumprimento da Lei da Memoria, algo se fixo se quitaron escudos franquistas, se quitou a estatua de Millán Astray, e no viaducto do xeneralísmo se quitou a placa que o anunciaba, etc. Pero quedou pendente a aprobación no pleno dos novos nomes, como non se fixo antes das eleccións, quedaron os vellos, e agora co goberno de PP, pois non creo que teñan presa ningunha por facelo. Saúdos.
@Nemigo, eu creo que é dunha tenda de mobles de Sarria (modor retranca on) que son moi galegos (modo retranca off). @Kao_Chiu e tan boa parella como que agora mesmo van da man (no goberno, que se saiba).
#cinema. Se esta ponte non tes ganas de ir moi lonxe xa que o tempo non vai acompañar, podes ir ao cinema a ver a nova película galega de animación O Apóstolo.
#eleccións_12. E moi importante votar nestas eleccións, se todavía non tes decidido a quen ir votar, quizáis esta ferramente te poda axudar a decidir o teu voto.
#ocio_e_cultura. Tras as festas de María Pita na cidade a Tuerka27 o novo local cultural da cidade retoma a sua actividade habitual, con teatro, monólogos, música, máxia, teatro infantil, etc.
#boasnovas. Falado con Kiko da Silva sobre o proxecto Retranca no salón da banda deseñada na Coruña, dixo que seguramente no mes de Setembro ou Outubro podería estar de novo en marcha e na rúa.
#oquehaiqueaturar. Collarte concelleiro do PP en Ourense que dixo que non chegaba a fin de mes con 5.100 €, pensa en dimitir, será que coa pensión e a indenmización apañarase mellor?
#axuda. CuacFm a radio comunitaria da Coruña, ante a imposibilidade de ter licenza como radio comunitaria, opta por unha licenza comercial para seguir emitindo. Axudámola!
#quesejodan. Andrea Fabra (filla de ... Carlos Fabra, Presidente da Deputación de Castellón), ante o anuncio de recortes nas prestacións aos parados berra no parlamento: "MUY BIEN, QUE SE JODAN".
#perdón. Que pode levar a un banco da man do seu presidente e o conselleiro delegado a pedir perdón de xeito público. Sinceridade real ou unha grande perda de clientes?
#ciencia. Os científicos do CERN achan o bosón de Higgs ou partícula de Deus, chave para entender a formación do Universo. Pensas que estaría ben gardala nun sitio seguro como a catedral de Santiago?
#códicecalixtino. Aparece o Códice Calixtino nun garaxe de Milladoiro entre outros obxectos roubados na catedral. Pero alguén se enteraba de todo o que roubaban?
#códicecalixtino. En electricista despedido da catedral, a sua dona, o seu fillo e a compañeira deste, arrestados como presuntos ladróns do códice, que sería roubado coma vinganza do seu despedimento.


Fátima tiña que chamarse, digoo polos miragres.
May 8 2013, 19:59De todo xeito xa temos varios Deuses, e Deusas no Olimpo de Bruxelas, como o BCE, Angela Merkel, e a troika, verdadeira Trinidade.
é ten razón... esto non o arranxa nen deus!
May 9 2013, 00:09