Adoro http://ir.gl o serviço de encurtamento de URL de http://dinahosting.gl Já tenho feitas umha cheia de redireções! Se tens que encurtar um endereço para algumha cousa, nom o duvides!
A "j" en vez de "x" en galego a mín non me cadra, mais deixando consideraciós políticas aparte, unha forma intermedia non está mal. Tendo en conta que o portugués soubo conservar a lingua e o castelanizado galego perdeu, agora temos que bucear no portugués pra lembrar vocabulario esquecido. O preocupante e o galego inexistente na rúa e os poucos que o falan, fálanno dun xeito espantoso.
O que nom tem sentido é, precisamente, o "x" em vez do "j". É um invento que só existe no galego-RAG e no asturianu-ALLA. Mas enfim, ortografia à parte tens toda a razom do mundo. Se calhar era interessante recebermos dum caralho dumha vez os canais de TV portugueses.
Recomendo a todo o mundo a série Dr. Who (a versão atual). É simplesmente fantástica. Podedes encontrá-la legendada em galego do Brasil na web Universo Who.
Feita a tradución ao galego do Gens, emulador da Mega Drive, que outro emulador traduzo agora? Admítense suxestións! [Gens completo en galego anexo a esta mensaxe]
A propósito, tentei comunicarme cos desenvolvedores e non hai maneira. Na web oficial non hai correo-e de contacto, só ligan a un foro que non existe. Encontreinos no Facebook e mandeilles unha mensaxe, a ver se recibo resposta.
Recomendo-vos a todo o mundo o livro "Asasinato no Consello Nacional". Mesmo nom sabendo nada do BNG, o livro é umha novela de detectives intrigante e apaixonante que paga a pena ler.
Tenho que estudar duro a matéria de "Princípios da codificaçom e encriptaçom da escritura em receita", nom me vaia quedar para setembro... (Monólogo de Berto Romero em El Club de la Comedia)